|
|
 |
|
 |
|
Convocatorias 2014 de apoio ás PEMES |
Fecha: 07/02/2014 |
Hora: 10:00 h |
Lugar: Sede de la CEP (Avda. García Barbón) |
|
A xornada ten como finalidade presentar as novas convocatorias da Axencia Galeda de Innovación (GAIN) previstas para o primeiro trimestre de 2014 tanto as novas convocatorias de CONECTA PEME e de INVESTIMENTOS INNOVADORES como as liñas de BONOS DE INNOVACIÓN e de PROPIEDADE INDUSTRIAL. Estas liñas de axuda supoñen unha oportunidade para impulsar o crecemento das PEMES no contexto actual. Igualmente, apóiase a colaboración entre axentes do Sistema Galego de Innovación para multiplicar as posibilidades de éxito. A xornada terá un carácter eminentemente práctico, na cal se presentarán as características das novas convocatorias de apoio ás empresas a través de exemplos e darase resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes. PROGRAMA 10:00 - 10:30 Recepción de asistentes 10:30 - 11:00 Benvida Manuel Varela, Director da Axencia Galega de Innovación Javier Aguilera, Director do Instituto Galego de Promoción Económica Luís Novoa, Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra
11:45 - 12:30 Os instrumentos de apoio a PEMES da Axencia Galega de Innovación para 2014, visión práctica: CONECTA PEME, INVESTIMENTOS INNOVADORES, BONOS DE INNOVACIÓN e PROPIEDADE INDUSTRIAL Cristina Blanco, División de Asesoramento, Programas de Financiamento e Investimentos, Axencia Galega de Innovación
13:00 - 14:30 IGAPE: Instrumentos de Apoio ás Pemes Galegas
Miguel Fidalgo, Responsable IGAPE Zona Sur
En caso de calquera dúbida, pode contactar a través do correo informa.gain@xunta.es
|
|
|
|
 |
|
 |
|
|
|
|